Antero Rubín Homet é un dos persoeiros máis salientables de Redondela,
onde nace o 15 de febreiro de 1851, pois con posterioridade chegaría a
ocupar a Capitanía Xeneral de Galicia, despois de cubrir unha páxina
heroica na guerra de Cuba, e alcanzar un acta de deputado nas Cortes
polo distrito de Quiroga (Lugo), en 1914.Antero era fillo do tamén militar Evaristo Rubín, quen combatiu na guerra de Africa á sombra do xeneral Prim. Dende moi xoven sinte admiración pola carreira militar (ingresa no exército como soldado voluntario o 11 de maio de 1868) e con dezaseis anos vaise voluntario a Cuba, de onde regresa aos poucos anos co grado de tenente. As súas primeiras clases recibiunas na escola pública de nenas de Redondela, que rexentaba Isabel Filgueira, para proseguir os estudios en Vigo, Pontevedra e Santiago. A perla das colonias españolas, como se coñecía a Cuba, convertiríase nun destino habitual para Rubín. En 1869 embarca cara a Grande Antilla, no batallón de cazadores Antequera, co rango de cabo segundo. Tras sucesivas campañas, o xa comandante Rubín volta a illa caribeña en 1895, tomando parte nas accións de Estella e Somorrostro. En Tui está destiñado como xefe da comandancia militar cando precisa voltar a Cuba para defender os intereses españoles. Nada máis arribar á illa, o militar redondelán pasa ao fronte de batalla. Cos setecentos homes do batallón Granada, o comandante galego enfróntase a 3.000 insurrectos o 24 de setembro de 1895, no lugar coñecido como Potrero de las Varas. O triunfo alcanzado supón numerosas condecoración e un contratempo: unha ferida nunha perna que obligarano a un prolongado reposo. Unha vez resteñadas as feridas, Antero Rubín asumiu as comandancias militares de Cienfuegos e Bayano. As crónicas da época sinalan que en 1897 atopábase nos combates de Santa Fé, El Revolcadero y Lomas del Viento, entre outros moitos. No fatídico ano 98, o militar galego pelexou en Quemado, Guanacoa... Os días 22, 23 e 24 de xunio asistiu aos combates contra os ianquis en Siboney e Sevilla. O 1 de xullo presenciou a capitulación de Santiago de Cuba.
Na vida civil, Antero Rubín desempeñou o cargo de diputado a Cortes
pola localidade lucense de Quiroga, na que presentouse tralo fracaso
político acadado en Redondela en 1910. Despois sería senador, pola
provincia de Zamora. |
|