A EVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA DA REDONDELA CONTEMPORÁNEA (1860-1991)
Redondela é un concello de tamaño medio que ocupa unha superficie de 52,2 Km2, e se organiza en torno a un núcleo urbán, centro do comercio minorista e dos servicios administrativos e sociais, e 12 parroquias de carácter rural, ainda que hoxe Chapela tense convertido nun apéndice do tecido urbán vigués.
Pechado polos bordes das serras montañosas ó oeste -que caen directamente sobre ó mar- e ó leste, os cursos fluviais do Maceiras, Alvedosa e outros regatos dan lugar a fértiles vales e unha depresión orientada de norte a sul. A franxa costeira exténdese dende a Portela (Cedeira) ata a Punta do Cabo (Cesantes).
Posúe un clima oceánico de tendencia mediterránea, pola áridez estival. A oscilación térmica é pequena. Pode calificarse como de benigno, moi apropiado para a vida vexetal.

A marcha da poboación real
A poboación real é o resultado do comportamento do saldo vexetativo ou natural (diferencia entre nacidos e mortos) e dos movementos migratorios. Na época contemporánea a poboación real do concello de Redondela presenta esta evolución:

CENSOPOB. DEREITO POB. FEITO
1860
1877
1887
1900
1910
1920
1930
1940
1950
1960
1970
1981
1991
10.306
11.703
12.240
11.488
12.896
14.228
16.024
17.813
17.486
17.579
22.767
27.529
27.563
...........
.........
11.339
10.843
11.958
13.644
16.927
17.024
17.026
22.128
27.202
------
Despois dunha etapa de crecemento, a poboación redondelana pasa por un bache na última década do XIX, seguramente debido a un aumento das migracións ultramarinas, ainda que no conxunto de Galicia non é este o período de maior éxodo americano. Séguelle unha longa fase de euforia demográfica sostida, que se mantén ata 1940, cunha taxa do 16 %. anual; agora ben, os datos do censo dese ano están en moitos lugares artificialmente inchados. Logo veñen duas décadas seguidas de práctico estancamento; a lixeira recesión dos anos 40 está orixinada polas dificultades económicas que se viviron na posguerra. A partires dos anos 60 o crecemento dispárase coincidindo cunha etapa "desarrollista" de desenvolvemento económico que se continúa ata a crise dos anos 80; esta provocará un novo estancamento demográfico.
. ANO %
Comparando coa marcha do conxunto da provincia de Pontevedra, corresponde á poboación de Redondela sobre o total:
O crecemento positivo é constante entre 1860 e 1887, para retroceder na última década do XIX, en consoación coa perda de poboación real fronte a un conxunto provincial que aumenta lixeiramente. O avance é pequeno nos comezos do presente século, para de seguida incrementarse nos posteriores 20 anos. Estacamento primeiro na década dos 30, e caída na posguerra, que se prolongará ata 1960. A partires daí asístese a un aceleron demográfico, que situará a Redondela na oitava posición dentro dos concellos pontevedreses que máis crecen na década dos 70.
1860
1877
1887
1897
1900
1910
1920
1930
1940
1950
1960
1970
1981
2,34
2,45
2,57
2,45
2,37
2,40
2,45
2,64
2,64
2,53
2,50
2,95
3,16

A evolución demográfica por áreas
Para achegarnos ó comportamento demográfico sectorial optamos por agrupar as parroquias do municipio redondelán en catro sectores, ainda que a adscripción non sempre é absolutamente rigurosa: o núcleo urbán, a orla montañosa (Caveiro, Negros, Vilar, Ventosela e Trasmañó), os vales do interior (Saxamonde, Quintela e Reboreda), e a franxa litoral (Chapela, Cedeira e Cesantes), deixando a inclasificable freguesía do Viso aparte.
Non obstante, ofrecemos tamén os efectivos individuais de cada unha das parroquias:

PARROQUIA 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981
Cabeiro 437 463 494 530 623 694 535 528 654 648
Cedeira 1.202 1.056 1.170 1.401 1.813 1.729 1.704 1.792 2.002 2.161
Cesantes 1.217 1.175 1.391 1.493 1.855 2.114 2.061 2.258 2.690 3.210
Chapela 1.362 1.242 1.464 2.011 2.081 2.884 2.666 3.081 5.399 7.307
Negros 458 418 493 432 557560 626 531 560 565
Quintela325296332 429446566 560590750 851
Reboreda1.1661.0628521.1951.2861.4921.5691.6691.8132.132
Redondela3.0462.8933.3623.1663.2963.3633.2612.8974.103 5.549
Saxamonde576503582594720715736709754778
Trasmañó5885696798058801.0971.1019351.1061.044
Ventosela410387413410509557 542467477648
Vilar3503924645666837618307931.0701.174
O Viso1.1031.0321.2001.1961.2751.2811.3951.3241.3841.462

O núcleo urbán de Redondela-Vilavella deseña unha evolución moi particular. A caída na década dos 10 tan só se rexistra aquí e no Viso; puido deberse ós efectos da crise de fins da Guerra Mundial e quizais ó devastador andazo de gripe anterior á data de elaboración do censo. Séguelle unha leve recuperación nos "felices" 20, e un estancamento durante a República, por mor da crise económica mundial do 29. O baixón que comeza na posguerra será palpable tamén na década dos 50, quizais debido a que a emigración europea frena o fluxo de trasvase campo-cidade. A industrialización do textil e unha conxuntura económica xeral positiva explicarán o vigoroso relanzamento posterior a 1960.
A zona costeira mostra un perfil ben definido: caída na última década do XIX, e dende 1900 crecemento constante, que só se verá truncado co brusco bache da posguera; nos anos 50 recupérase o nivel de 1930, e a partir de 1960 rexístrase un fortísimo crecemento, só parangonable co da vila. Convén suliñar que deste último é responsable sobre todo Chapela, que máis que duplica a sua poboación neses 20 anos, situándose en segundo lugar despois da vila, e a distancia de Cesantes; a causa: un forte crecemento vexetativo nos 70, e sobre todo unha densa inmigración dos que traballan nas fábricas e asteleiros da cidade, sen esquecer o pulo industrial da parroquia tanto no sector do frío como nos pequenos negocios.
Os vales interiores alongan a crise finisecular ata 1910, pero dende aí manterán unha curva lixeiramente ascendente ata 1960, momento no que a poboación tamén se dispara, pero con menos forza ca no litoral. É anómalo o importante retroceso que rexistra Reboreda en 1910.
As áreas montañosas presentan asimesmo peculiaridades, comezando pola caída na década de 1920, cando o resto do concello medra; igualmente destaca o alto crecemento dos anos 30 e a posterior caída ata 1960, producto quizais do cese da corrente migratoria en 1929 e logo da súa revitalización pero cara a Europa ou ós núcleos urbanos. Tamén aquí se verifica o auxe -comparativamente moderado- dos anos 1960-1980, no que destaca o incremento dun 30 % da poboación de Negros en 1970.

As densidades de poboación parroquiais
A densidade revélanos cales son as zonas máis poboadas con independencia do número de persoas e da superficie parroquial -e ó revés-, expresándose en hbts./Km2. Para coñecer a súa evolución partiremos dos datos que ofrece a revisión do catastro de Ensenada (1760), e logo observaremos os séculos XIX e XX en tramos de 50 anos:

PARROQUIASKM21760*188719301981
Cabeiro3,123141201209
Cedeira6,832177267318
Cesantes4,350283431746
Chapela5 - 163084841.699
Negros1,244382464471
Quintela2,528130178340
Reboreda10 - 43117129213
Redondela0,66675.0775.4939.248
Saxamonde2,569230288311
Trasmañó2,532235352417
Ventosela6,2 -- 6682104
Vilar5 - 1670137234
O Viso2,5100441510 585
* Veciños ou familias fiscais. Ventosela forma parte de Vilar de Infesta.

Estimado en conxunto, hai un dato clave: cara a 1930 a franxa do litoral, nomeadamente o tandem Chapela-Cesantes, rexistra unha maior ocupación humana, culminando unha tendencia que xa se apuntaba medio século antes, e que se irá acentuando ata os nosos días. As parroquias semilitorais do cabo sul (Trasmañó e Cedeira) manterán durante todo este longo período unha posición intermedia. Pola contra, as zonas de serra (Cabeiro, Vilar, Ventosela) dende sempre presentan a densidade de poboamento máis baixa, debido á menor riqueza do chan; o último posto ocupouno sistematicamente Ventosela, que non en van é a máis montañosa.
O contraste máis acusado obsérvase nos fértiles vales agrícolas do interior (Reboreda e Saxamonde), que no século XIX perderán todo o vigor de que gozaban un cento de anos antes. Reboreda en concreto, protagoniza unha inversión de tendencia -difícil de explicar-, pasando a atoparse xa a finais do oitocentos entre as terras menos densamente poboadas do concello.
Individualmente salienta a particular evolución da hetroxénea parroquia do Viso, que nos séculos XVIII-XIX sitúase pola súa abigarrada presencia humana á cabeza do rural; posición de privilexio que mantén a duras penas en 1930, para finalmente retroceder ata o terceiro lugar.
Chapela soportou dende mediados do XVIII unha forte densidade de ocupación, pero será a partires da década de 1960, ó compás do crecemento industrial e da expansión periférica urbana, cando despegue con moita forza. Do mesmo xeito, Cesantes virase a convertir no terceiro polo demográfico do municipio.