Os gravados rupestres deste concello distribúense perifericamente nas elevacións que rodean o val regado polo río Alvedosa, curso de auga que atravesa as terras que o configuran. O igual que sucede no resto de Galicia o repertorio iconográfico é maioritariamente de carácter xeométrico e decir, a base de puntos, liñas e unha abundante representación de motivos curvilíneos, círculos e espiraliformes. Sobresaen tamén as representacións de armas e as escenas con cuadrúpedes. Detalle dunha superficie  de "A Pedreira"  en Ventosela. A pesar da singularidade das representacións, apreciánse escenas de cuadrúpedes montados.

Distribuénse polo norte nas estribacións do "monte da Peneda" nos límites co Concello de Soutomaior, na sua ladeira occidental , onde se atopan varios grupos de combinacións circulares, algún deles xa desaparecido. Tamén atopamos circulares non lonxe desta localización no camiño que une O Viso con Nogueira.

No noroeste destaca o conxunto da Pedreira, un dos mais interesantes do val, na parroquia de Ventosela, con abundancia de combinacións circulares, onde sobresae un panel con representacións de cuadrúpedes, algúns deles montados, escena dominada por unha gran figura de équido cabalgado por un personaxe.

 

Detalle de combinacións circulares na  ladeira oriental do  "Monte Penide "Pero sen dúbida os petroglifos máis coñecidos son os do monte "Penide" no sudoeste do municipio, preto dos lindeiros co Concello de Vigo.
Coviñas e liñas configuran as superficies existentes na acrópole e nas inmediacións do "monte do Castro" entre as parroquias de Cabeiro e Cedeira.
Pero é nas inmediacións da necrópole megalítica, unha das máis interesantes de Galicia , onde atopamos os grupos máis importantes de gravados rupestres da zona.
Abundantes coviñas e combinacións circulares xunto a algunha representación de cuadrúpede preséntanse na estación que nas publicacións sobre os petroglifos da zona asume o nome de "monte Penide", situado no Nordeste da necrópole megalítica configurando un conxunto moi diminuído por canterías e traballos diversos realacionados coas instalacións de tendido eléctrico que atravesan o espacio ocupado polos enterramentos prehistóricos en dirección Este-Oeste.
No noroeste da espectacular necrópole denominada "Chan das Formigas", ou "Chan da Cruz", temos máis gravados ós que alude este último topónimo, xa que xunto a combinacións circulares e algún cuadrúpede esquemático aparecen un gran número de cruces de carácter delimitador de territorio, e que segue a ser, pois este é ó límite entre as parroquias de Cabeiro, Cedeira e Trasmañó.
 
Detalle das representacións de armas  na "Poza da Lagoa" en Trasmañó: as follas triangulares con mango corresponden a figuras de alabardas.Na zona Nor-occidental desta estación, preto do campo de fútbol, atópanse tamén algunhas rochas con círculos e cazolas dispersos."Poza da Lagoa" na parroquia de Trasmañó, presenta un interesante conxunto no que destacan as representacións de armas, as primeriras que se coñeceron no sur da ría de Vigo. Tamén están presentes neste grupo as coviñas e algúns círculos, xunto a gravados de carácter histórico. Non lonxe desta estación no poñente temos a da "Chan do Rato" con óvalos, coviñas e liñas, temática que repite a de "Castellanos", todas elas na parroquia de Trasmañó. Finalmente por baixo da "Poza da Lagoa", atópanse algúns círculos, coviñas e liñas sinuosas, no lugar da "Fonteliña". As representacións de armas que podemos comparar coas suas réplicas metálicas, así como os achádegos de restos cerámicos no entorno das rochas con gravados de "Poza da Lagoa" e "Fonteliña" onde sobresaen os anacos de vasos campaniformes , apuntan a que estas manifestacións plásticas froito do universo de creencias dos seus gravadores, configuran unha das mais interesantes agrupacións de gravados rupestres ou petroglifos realizados en épocas prehistóricas na área galaica, nos primeiros tempos do desenrolo da metalurxia na nosa rexión, na transición do III o II milenio antes de Cristo.

Para saber mais dos Petroglifos de Redondela

COSTAS GOBERNA, Fernando .Javier.
1985: Petroglifo del Litoral Sur de la Ría de Vigo. Publicaciones del Museo Municipal"Quiñones de León"de Vigo. Monografía nº 8. Vigo

COSTAS GOBERNA, F. .J.;DOMINGUEZ PEREZ, M.;RODRIGUEZ SOBRAL, j.m.
1990-91: Nuevos Grabados Rupestres en el litoral Sur de la Ría de Vigo. Revista "Castrelos" nº 3-4 del Museo Municipal "Quiñones de León" de Vigo.

FÁBREGAS VALCARCE, Ramón
Petroglifos y asentamientos. El caso de Monte Penide. Redondela. Pontevedra. (en prensa)

GARCIA ALEN , ALFREDO ; PEÑA SANTOS, Antonio
1980: Grabados Rupestres de la Provincia dePontevedra. Fundación Barrié de la Maza. A Coruña.

HIDALGO CUÑARRO, J.M.; COSTAS GOBERNA , f.j.
1980: Prospecciones Arqueológicas en los Valles del Tea, Alvedosa y Miñor. Museo Municipal "Quiñones de León"" nº 3. Vigo

PATIÑO GOMEZ, Ramón
1982: La estación de Grabados Rupestres de A Pedreira - Ventosela (Redondela) Museo de Pontevedra. Pontevedra.

PEÑA SANTOS a.; VAZQUEZ VARELA. J.M.
1979: Los Petroglifos Gallegos. Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos n º 30. A Coruña