Redondela en 1905O 6 de setembro de 1883 saía á luz o primeiro periódico que se publicaba na nosa vila: "EL Eco de Redondela". A partir del, e durante cincuenta anos, imprimíronse unha vintena de semanarios que, na maioría dos casos, tiveron unha presencia efémera, cunha vida media estimada de entre tres e cinco anos. Outros alcazaron unha maior presencia no tempo, como foi o caso de "La Idea" que se publicou durante quince anos (1902-1917) .

Estas publicacións defendían intereses moi concretos dos grupos máis influentes ou máis politizados do distrito de Redondela, nas que escribían os sectores dominantes na política local. Nos contidos dos distintos periódicos que conviviron nun mesmo espacio de tempo reflectíanse os enfrontamentos entre os distintos grupos, que utilizaban as respectivas páxinas como arma dialéctica contra os seus rivais ideolóxicos. Pero tamén se recollen neles as anécdotas, as pequenas historias, non menos importantes, da vida local. E de aí outro dos seus valores.

Diario El PuebloHoubo etapas nas que en Redondela se publicaban tres periódicos. Foi o caso, por exemplo, do ano 1895 no que saían a rúa "La Propaganda", "El Pueblo" y "La Verdad", unha circunstancia que chama a atención se pensamos que a finais do séculoXIX o índice de analfabetismo en Galicia rondaba o setenta por cento. Esta contradicción só pode explicarse se pensamos no alto grao de politización da vida local, nas loitas municipais e na polarización das familias que se combatían radicalmente.

A historia da prensa en Redondela aínda está por facer. É un traballo que non pode esperar moito máis tempo porque cómpre entender o pasado máis recente do noso concello. Como di María del Carmen Pérez Pais "facer a historia da prensa galega supón reconstruír a vida dos periódicos, coñecer a personalidade dos fundadores e dos grupos que os sosteñen economicamente, descubrir a identidade dos xornalistas e colaboradores, medir a súa influencia na sociedade galega...., en definitiva, elaborar unha parcela da Historia de Galiza".

Este modesto traballo non é máis que o resultado de pracenteiras horas de investigación. Un punto de partida para abordar o seu estudio e análise en profundidade, pero tamén a para iniciar a recuperación dos exemplares, anque que só sexa en fotocopias ou microfilmados, que aínda se conservan en bibliotecas, museos ou coleccións particulares. Desgraciadamente, de moitos destes periódicos non se conservan ningún exemplar e só se teñen referencias indirectas da súa existencia. Pero a pesar de todo contamos con material abundante que xustifica que Redondela poida dispoñer dunha hemeroteca, na que os estudiosos poidan realizar as súas investigacíons sobre a nosa historia utilizando esta fonte tan valiosa.


CRONOLOXIA
1883- EL ECO DE REDONDELA
O primeiro número é do 6 de setembro. Os seus redactores eran Jacinto Mos, Manuel Mos e Juan Otero Milleiro. Administrador: Pedro Otero

1884- EL ALVEDOSA
Aparece o 15 de xuño. Redactabanno Juan José Crespo, Antonio Orellana, Fernando Alfaya Pérez, Ramón Lorenzo. Este periódico aparece incorrectamente datado no ano 1864 na "Geografia de Galicia" de Alvarez Limeses.

1887- LA ESCOBA
Dirixido polo avogado Antonio Orellana

1892- LA VOZ DEL PUEBLO
Bisemanario dirixido por Buenhijo Pérez Sobrino, que tamén era propietario da imprenta na que se editaba, a primeira que houbo en Redondela. Deducimós entón que os periódicos anteriores se imprimían en Pontevedra ou Vigo.

1894- LA PROPAGANDA
Editouse nos anos 1894-95 e 96. O seu director era Fernando González e os redactores Antonio Orellana, Pedro Fontela, Felipe Cordero e Buenhijo Pérez Sobrino.

1895- EL PUEBLO
Subtitulo: " Semanario de interese generales"
Imprenta: de "El Pueblo", propiedade de Crespo e Reboredo e, máis tarde, de Saturnino Montero
Periodicidade: Ó principio semanal (saía os domingos) e logo bisemanal (xoves e domingos)
Data do 1º número: 24 de xaneiro de 1895
Diario El Pueblo Data do último número: no ano 1901
Lingua: Castelán
Formato: 42 x 30 cm.
Páxinas: Catro
Columnas: Catro
Prezo: 15 céntimos os primeiros números e 10 os seguintes.
Directores: Francisco Crespo Rivas e Antonio Orellana (interino)
Administrador: Serafín Rebolledo Blanco
Colaboradores: José da Cal, Antonio Otero, Juan Otero Milleiro, Buenhijo Pérez Sobrino, Serafín Reboredo, Ramón Ancoechea, Fernando González.
Tirada: 150 exemplares a mediados de 1895 e 500 exemplares en maio de 1896
1895- LA VERDAD
Formaban a redacción deste periódico Isidoro Queimaliños e Amador Pérez Sobrino

1898- EL PROGRESO
Aparece no mes de febreiro

1902- LA IDEA
Subtítulo: "Semanario independiente"
Periodicidade: Semanal (saía os domingos)
Data do 1º numero: 5 de xaneiro de 1902
Idea Data do derradeiro número: 1917
Formato: Tivo dous; 34x 48 cm e 38 x 56 cm
Páxinas: catro
Columnas: catro
Prezo. 10 céntimos
Imprenta: de Dositeo Pérez Sobrino, rua Riveiro 31
Lingua: Castelán
Director: Buenhijo Pérez Sobrino
Colaboradores: Manuel Amoedo Seoane, Juan Amoedo Seoane, Manuel Cacheiro, Claudio Contreras, Juan Otero Milleiro, Antonio Garrido.
Adscrición politica: Era o semanario dos partidarios do marqués de Riestra, e polo tanto rival do agrarista "La Opinión".
1902- EL CONTRIBUYENTE
Subtitulo: Semanario defensor de las sociedades de marineros, propietarios y labradores de este distrito
Periodicidade: Semanal
Imprenta: de "El Independiente", Vigo
El Contribuyente Data do 1º número: 12 de xaneiro de 1902
Data do derradeiro: ¿1906?
Formato: 33 x 43 cm.
Páxinas : Catro
Columnas: Catro
Lingua: Castelán
Director: Alejo Red Soto
Colaboradores: Juan Otero Milleiro, Antonio Garrido
1906- GENTE NUEVAl
Aparece o 28 de febreiro. Os seus redactores foron Antonio Orellana e Telmo Bernárdez
1909- LA OPINIÓN
Subtítulo: "Semanario independiente"
Imprenta: de "La Opinión" Praza da Constitución 17
Periodicidade: Semanal
Data do 1º número: 1909
La Opinión Formato: 44 x 32 cm
Páxinas: Catro
Columnas: Cinco
Prezo. Dez céntimos
Lingua: Castelán
Director: Heliodoro Rivas
Colaboradores: Juan Amoedo, Antonio Orellana, Telmo Bernárdez, Claudio Contreras
Tirada: Alcanza os mil trescentos exemplares en 1913.
Adscrición política: Aparece como instrumento dun comprexo bando local. Combate a "La Idea", semanario dos riestristas. Xa desde o primeiro número vaise convertendo en agrario, defendendo a candidatura dun maurista, o xeneral Rubín. Desta tendencia inicial pasa ó republicanismo de Juan Amoedo. O seu director e propietario, Heliodoro Rivas, tiña fama de frívolo, home de mundo, moi descoidado no referente ó periódico, sinceramente vinculado ó agrarismo
1912- LA CIGARRA
Era unha revista literaria quincenal

¿1915?- PIMIENTA Y MOSTAZA
Dirixido por Fernando González

¿1917?- ECOS DEL DISTRITO
Foi o sucesor de "Pimienta y Mostaza", co mesmo director

1918- LA RAZÓN

1923- TRAMANCAZOS
Subtítulo: "Decano de la prensa de Redondela y el de mayor circulación"
Periodicidade: Tres veces ó mes
Imprenta: de Dositeo Pérez Sobrino
Data do 1º número : 2 de setembro de 1923
Tramancazos Formato: 33 x 43 cm
Columnas: Catro
Páxinas: Catro
Prezo: Un pataco
Lingua: Castelán e galego
Director: Amador Pérez Sousa
Colaboradores:Rogelio Rivero, Mario Canda e outros que asinaban con pseudónimo, como "Mexete", "Ante-eo", "Xan dos Zocos", "O Demo d`os Tras", "Choco", "Cantiño".
1931- EL SOPLETE
Imprenta: de Dositeo Pérez
Periodicidade: semanal e quincenal a partir de novembro de 1932
Data do 1º número: 8 de novembro de 1931
Data do último número: Abril de 1933
El Soplete Formato: 33 x 43 cm
Páxinas: 4
Columnas: 4
Prezo: 10 céntimos
Lingua: Castelán-galego
Director: Amador Pérez Sousa
Redactores: Generoso Muiños Blanco, Antonio Criado, Luís Míguez Extemadouro, Antonio Extremadouro
Adscrición política: As esporádicas referencias de "El Soplete" ó Partido Radical fan supoñer algún xeito de vinculación con el. A actitude do periódico ante a República foi de apoio e defensa, sen deixar por iso de salientar os seus erros. No terreo relixioso propugnaba, dentro dun gran respecto ás formas tradicionais, un cristianismo de signo progresista. Desde 1932 o apoio de "El Soplete" ó Estatuto de Autonomía foi constante, cualificando a aprobación do primeiro proxecto en Nadal de 1932 de "transcendental acontecimiento": Soamente pedía que na futura organización política de Galicia tivesen cabida tódalas aspiracións da nosa terra sen entorpecer a unidade espiritual de España. ( Alfonso Magarinos. "Teima", maio 1977)
1933- TERRA !
Subtítulo: "Órgano quincenario do Grupo Galeguista de Redondela"
Imprenta: La Popular, Charino 7, Pontevedra
Periodicidade: Publicábase o 1º e 3º domingo de cadas mes
Data do 1º número: 16 de abril de 1933
TERRA! Formato: 43 x 34
Páxinas: Catro
Columnas: Cinco
Prezo: 25 céntimos ó mes
Lingua: Galego
Director: Avelino Cal Fernández
Adscrición política: Era o voceiro do do Grupo Galeguista de Redondela, que foi fundado nos últimos meses de 1932 coa colaboración de Castelao e Paz Andrade. Era presidente deste grupo Francisco Pereira Fernández e tamén formaban parte del, entre outros, Xosé Mª Blanco Alfaya e Avelino Cal.

FONDOS CONSULTADOS SOBRE A PRENSA REDONDELÁ
- Fundación Penzol (Vigo)
- Museo de Pontevedra
- Convento de Poio
- Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento"
- Diversas coleccións particulares