IDADE DE FERRO

No concello, estrañamente ó que cabería esperar, dada a importante presencia de asentamentos humanos anteriores, só conservamos dous castros: un no Monte Mirallo (parroquia de Negros) e outro na base do Monte da Peneda (parroquia do Viso). Pensemos que, por exemplo, o concelllo de Vigo, que está na continuación do Monte Mirallo cara ó sur, posúe vintesete castros.

Peneda Castro da Peneda
A súa datación non se pode precisar moito. Podería corresponder a mdiados do I milenio a.C. e foi habitado seguramente ata bastante entrado na nosa era polo tesouriño de moedas romanas de bronce prtencentes ós séculos III-IV da nosa era que se atoparon no seu interior.
Aínda conserva restos da súa muralla e das casas circulares. Son moitos os obxectos que se atoparon espallados no seu contorno: un caldeiro de bronce, un coitelo, agullas, fibelas e alfinetes; varias machadas pulimentadas, muíños, áforas e cerámica decorada ou pintada... todos eles hoxe recollidos no museo de Pontevedra. Como achado interesante tamén está un "cuncheiro" con abundates restos de moluscos, indicador da importante actividade marisqueira que existía.
Este é, como pode verse, un castro importante na nosa comarca que está á espera de novas e profundas escavacións que saquen á luz a verdadeira importancia deste asentamento. A presión urbanística pola que se atopa acosado fai pensar nun futuro incerto para a pervivencia deste castro se non se toman medidas serias de protección.

Castro de Negros
Cerámica Tamén situado no Monte Mirallo, vén sufrindo continuas agresións que a penas deixaron restos de vivendas (aínda que unha escavación sacaría á luz moito do que agocha baixo a terra). Hai evidencia da súa romanización segundo os restos de ánforas, tégulas. Destaca polo lugar en que está encravado, dominando todo o val do río Maceiras, polo que discorre a antiga vía romana -hoxe Camiño de Santiago-, nun promontorio que lle outorga unhas especiais características defensivas. Podemos, iso si, observar a muralla en volta polo camiño de entrada (moi deteriorada pola incontrolada plantación de eucaliptos) e o sistema de terrazas que o circundan.
Ó redor deste castro pervive unha importante cultura de lendas sobre mouros, mouras-serpe e tesouros. Un poste de conducción eléctrica de alta tensión e, hai poucos anos, outro de seguimento aéreo dan conta da falta de interese por establecer medidas serias de protección do nos patrimonio arqueolóxico.

Algúns exemplos de lendas referidas a este castro:

  • "Os mouros do Castro entraban na terra, lendo un libro, alumados por unha vela, e deixaban alí o ouro"
  • "Un rapaz dunha aldea veciña quedou citado cunha moura pola noite no Castro, quen lle dixo que tiña que arrancarlle un cravel da boca unha vez convertida en serpe. O mozo, chegado o momento, tuvo medo pola grandura da serpe e non fixo o que a moura lle dixera pra desencantala. Despois quixo seguir a moura, pero os mouros non o deixaron; entón, o mozo, desesperado, tirouse polas pedras do Castro e apareceu esnafrado"
  • "Outro mozo quedou citado con outra moura mui fermosa, que lle dixo que unha vez convertida en serpe tiña que pegarlle no rabo e facerlle sangue. Así o fixo e casou coa moura e foi mui rico"


Conclusións e PROPOSTAS

O concello de Redondela posúe un patrimonio arqueolóxico moi abundante e importantísimo. A crecente presión demográfica, de comunicacións e servicios poñen en continuo perigo a supervivencia deste rico legado histórico debido, principalmente, ó descoñecemeto e falta de interese por parte dos organismos e colectivos ersponsables. Un adecuado aproveitamento deste fudamental recurso que a historia deixou nas nosas mans levaría a un maior enriquecemento do noso concello.

Un Parque Arqueolóxico.
Mapa A recente proposta de creación dun parque arqueolóxico no Monte Mirallo, recollido no futuro desenvolvemento do Plano Xeral de Ordenación Urbana do concello, establecería as condicións necesarias para a conservación, estudio e difusión da importante riqueza histórica que agocha esta montaña.
Deixar á deriva dos acontecementos, tal e como se está a facer nesete momento, este importante legado histórico levará, en pouco tempo, á súa total destrucción e desaparición.
O Monte Mirallo posúe un dos maiores complexos arqueolóxicos de Galicia, con abundantes restos de tres períodos prehitóricos importantes: o Neolítico, a Idade de Bronce e a Idade de Ferro; todos eles ubicados en diferentes lugares da montaña, o que a fai especial para etablecer percorridos naturais e arqueolóxicos visitando os diferentes espacios. Agardamos que este proxecto se faga realidade nos próximos anos, tal como xa exitenten noutros lugares de Europa. Estamos seguros de que contribuiría a frear a súa destrucción e representaría unha importante mellora na promoción cultural do noso concello.

...Páxina anterior